30
- Este ano, por mor da pandemia, non se fixo en Rianxo, como adoita ser habitual. Trasladouse ao Panteón dos Galegos Ilustres.
A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou esta homenaxe para proclamar que o BNG é a única forza que pon os intereses de Galiza por diante fronte ao “sucursalismo” das forzas estatais que se moven entre a “confrontación estéril” do PP e o “servilismo inútil” do PSdeG. O BNG existe para construír un país “vivo, forte e con futuro” e para defender á sociedade galega “cunha lealdade que nin é discutible nin é negociable”, -recalcou Pontón-, quen ademais botou man de exemplos para ratificar o papel do nacionalismo galego na defensa dos intereses do país, como no caso da frota pesqueira ante o Brexit, do sector industrial con ALCOA á cabeza ou a favor da rebaixa das peaxes da AP-9.