Homenaxe en Vigo ás vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo

1 minutes read

Este mércores descubriuse no porto vigués do Berbés unha nova placa en homenaxe aos 21 mariñeiros falecidos. É a oitava placa colocada nas localidades de residencia dos 21 tripulantes do pesqueiro Villa de Pitanxo, falecidos no naufraxio ocorrido en febreiro do ano pasado en augas de Terra Nova. Está situada no porto pesqueiro do Berbés, en Vigo, último porto que tocou o barco e lugar habitual de reunión da tripulación. Ao pé da placa os familiares dos mariñeiros falecidos foron depositando as flores que traían e nas intervencións posteriores non puideron conter a emoción ao lembralos. Os achegados das vítimas do Villa de Pitanxo esixen a maior celeridade no proceso de adxudicación da misión de busca dos restos do pesqueiro.