Hoxe máis que nunca «Eu quero Carballo»

2 minutes read
  • Aproveitando a simbólica data do 14 de febreiro, Día dos Namorados, Carballo pon en marcha distintas accións para trasladar unha imaxe en positivo do concello.

Nas súas aulas, os alumnos e alumnas de Infantil, Primaria e ESO atopan sobre as mesas un lapis ou un bolígrafo cos que poderán escribir “os seus mellores desexos para o futuro de Carballo”. A frase pronunciouna Marcos Trigo, concelleiro de Cultura e Deporte, na presentación das primeiras iniciativas que se levarán a cabo este ano co lema “Eu quero a Carballo”. O concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, iniciou tamén a distribución de paraugas entre o alumnado dos camiños escolares e as mamás, papás e acompañantes nas rutas.  Haberá un reparto masivo de funís para facilitar a recollida de aceites vexetais usados. Será a partir da vindeira semana, como explicou o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas. Ademais, despois do éxito acadado o ano pasado, volvemos a poñer a disposición de comercios e locais de hostalaría adhesivos con forma de corazón para que tamén nos escaparates de todas as rúas se vexa o amor dos nosos sectores económicos por Carballo. Os interesados só teñen que achegarse polas oficinas xerais da Casa do Concello. Ademais de Evencio Ferrero, Marcos Trigo, Luis Lamas e Juan Seoane, na presentación das novas propostas de “Eu quero a Carballo” tamén estivo presente a artesá carballesa Marilá Gómez. O seu papel foi a elaboración de macetas artesanais de Olería de Buño que, como explicou, teñen como principal característica que están feitas con barro branco e a man, no torno. Porque, como tiñamos comprometido, imos plantar unha árbore por cada neno ou nena que naza ao longo deste ano. Pero non será unha árbore calquera, senón “un fillo do Carballo de Vilar de Francos, que deste xeito seguirá vivindo a través dos seus descendentes”, apuntou o alcalde.