Iago Martínez ficha por dúas tempadas e catro xogadores causan baixa no Bergantiños

1 minutes read

O Bergantiños FC informa que o xogador Iago Martínez firma por dúas tempadas. O defensa central (Pontevedra, 1997) estivo ligado ao Club Rápido de Bouzas estas últimas tres tempadas. Ademais o xogador vén de conquistar coa Selección Galega o título de campión de europa da Copa das Rexións UEFA. Iago militou nas tempadas 18/19 e 19/20 no Arosa SC e anteriormente no RC Celta B.

A pretempada está preto e algunhas das novas incorporacións como Diego Cotelo, Álex Ramos, Cabarcos, Manu Múñez, Iago Martínez e Jose Currás, achegáronse As Eiroas para ter a súa primeira toma de contacto co adestrador Secho e co presidente Luciano Calvo.

Baixas

O club tamén comunica a baixa dos xogadores Iván Garrido, Julen Álvarez, Vesprini e Antón Quindimil para a nova tempada.