Iglesias emerxe, Sánchez e Rivera afástanse, Casado comodín

1 minutes read
  • Un debate máis agresivo o deste martes. Menos “Felices los cuatro”.

Tras o primeiro enfrontamento este luns na cadea pública os líderes do PSOE, Pedro Sánchez, PP, Pablo Casado, Ciudadanos, Albert Rivera, e Unidas Podemos, Pablo Iglesias, volven protagonizaron este martes un debate a catro que poderá ser útil para captar o voto indeciso a poucos días das eleccións xerais.

Cada partido deu o seu candidato como gañador e ve a cita desta noite como una nova oportunidade para seducir os indecisos. O debate comezou cunha pregunta para cada candidato para, posteriormente, comezar con cada un dos diferentes bloques: pensións, impostos, vivenda, inmigración, aborto e eutanasia, violencia machista, educación e sanidade.

O candidato do PP, Pablo Casado, acusou a Pedro Sánchez de ser como unha ” matrioska”

O presidente Pedro Sánchez comprometeuse cos dous millóns de autónomos que hai no país para facer que “coticen polos ingresos reais que teñan”

O candidato de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, insistiu este martes en que a súa prioridade é entrar nun goberno cos socialistas despois das eleccións e dixo que “o primeiro será acordar un programa, antes de falar de ministerios”.

O candidato de Ciudadanos á Presidencia do Goberno, Albert Rivera, sacou, no primeiro bloque do debate, unha copia da tese doutoral do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para acusalo de mentir, e este respondeulle regalándolle o libro do presidente de Vox, Santiago Abascal, “para que coñeza as formulacións políticas dos seus aliados”.

Gazapo de titulación.

Unha gran aposta tecnolóxica de Atresmedia con tecnoloxía 8K e algún fallo de analóxico.