‘Imos a máis’ | Miles de persoas acuden á chamada do BNG no Día de Galiza

1 minutes read

Pasado o mediodía deste martes 25 de xullo, miles de persoas mobilizábanse en Compostela co obxectivo no horizonte dun «cambio político» e de «ciclo» nas próximas eleccións autonómicas. Baixo o lema «Imos a máis» a concentración de persoas arrincou na Alameda, nunha xornada na que a voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, reivindicou o «orgullo» de «ser unha nación» e «un país con moitísimo futuro», á vez que subliñou que as portas do Bloque «están abertas» para «seguir alargando» á formación. Pontón destacou que o 23 de xullo «quedou claro que houbo unha derrota dese bloque da dereita», polo que o BNG vai traballar por un Goberno «alternativo que amplíe dereitos e liberdades, pero tamén que cumpra con Galiza».