A parroquia vimiancesa de Cereixo acollía este domingo a primeira xornada de A Costa da Vida, nunha mañá para compartir cultura, patrimonio, música e comunidade nun lugar tan especial da capital soneirá. Unha cita especialmente atractiva para coñecer o patrimonio de Cereixo desde unha mirada viva, participativa e conectada coa creación cultural galega actual.
A ponencia de Raquel López Noia, «De viaxe lendaria a recurso cultural: a Translatio de Cereixo como modelo», daban comezo ás 11 da mañá ás actividades programadas para este 4 de outubro. Continuando cos Quinquilláns e A barca prodixiosa de Cereixo, e tamén a actuación do Coro Galilea de Cereixo, con La Bella Lola e o Himno de Cereixo. Pechando esta fantástica xornada cun concerto de Caamaño&Ameixeiras.
Ao rematar a programación cultural celebrouse un petisco e encontro comunitario, pensado para prolongar a experiencia e compartir conversa arredor do patrimonio e da vida cultural de Cereixo.
Desde o Concello agradecen a todas as persoas que fixeron posible esta xornada e, moi especialmente, á Comisión de Festas de Cereixo pola súa colaboración e implicación, e a Mariví Amigo, pola súa disposición e traballo, así como o resto de colaboradores por facer posible este proxecto, Culturactiva S. Coop. Galega e a O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
