Importante vitoria do Calvo Basket Xiria en Ourense

1 minutes read

Este sábado o equipo carballés disputou no pavillón municipal dos Remedios en Ourense un partido no que tivo a outro equipo similar ao seu carón, un Solgaleo Bosco Salesianos moi conxuntado que non deu o brazo a torcer en ningún momento do partido. Un encontro moi igualado ata o tramo final, cun táboas no primeiro cuarto, 18/18, 12/15 no segundo e 17/14 no terceiro. Nese intre, elevados a un empate a 47, estaba todo por decidir. Foi no último período cando un Calvo Basket Xiria superior se despegou e máis que dobregou ao seu rival, cun resultado de 10/22 que decantaría un resultado final de 57/69 para o equipo carballés, onde Rubén Rey, con 20 puntos e 7 rebotes, destacou como xogador do partido nesta 19ª xornada de Liga EBA.