Grupo Lemaco Xiria B 38 – Balonmán Ribadosar: 31 – (19-15)
Comezaba a segunda fase la Liga onde o Grupo Lemaco B está encadrado na Liga de Prata, e facíao ante o Ribadosar santiagués con vitoria.
Levaban os xogadores case dous meses sen competición e as gañas e a ansiedade amosaron nos primeiro minutos en ambos equipos, demasiada precipitación e despistes defensivos. Unha vez que se asentaron, os xogadores do Xiria volveron a imprimir un ritmo alto de partido ante a envergadura e maior físico do rival.
Pouco a pouco o Xiria foi ampliando as liñas da súa defensa, lastrando a circulación de balón do rival, e conseguindo balóns para a saída na contra, tomaba vantaxe de 4 goles ao descanso.
Intentou o Ribadosar na segunda metade achegarse no partido, con desdobramentos e maior efectividade no lanzamento exterior, pero no momento que adaptou a defensa o equipo de Carballo, voltaron a precipitar o ataque rival e sentenciar de cara a gol chegando a eses 38 goles por 32 do rival.
U.B. Lavadores 30 – Grupo Lemaco Xiria 31 (16-16)
Primeira xornada da Liga Ouro que da acceso a clasificarse para o Campionato de España, o Grupo Lemaco Xiria encadrado no grupo A, disputaba o primeiro partido na difícil cancha do Lavadores vigués, e tras un igualado choque, conseguía derrotar ao rival pola mínima.
Non as tiña todas consigo o Xiria pois acudía a Vigo con considerables baixas nunha plantilla xa de por si curta, pero foise refacendo e rebuscando nas diversas opcións para ao final acabar impoñéndose pola mínima 30 a 31.
Comezaba o Grupo Lemaco falto de ritmo e cunha defensa demasiado débil ante a superioridade física do rival, con bastante maior envergadura nos seus compoñentes. Tampouco funcionaban as cousas no ataque, onde a circulación do balón duraba un chío, e as perdas facían que os rivais se plantasen sós na contra diante de Alex. Tratando de buscar solucións en ataque, con maior mobilidade e apremando máis nas marcaxes defensivas, o Xiria conseguía poñerse por diante para rematar empatado na primeira metade.
Mudou a defensa o Lavadores, marcando de cerca aos primeira liñas carballeses e atopou efectividade, volveu a precipitación e as perdas de balón no ataque do Grupo Lemaco, o que permitía tomar renda de 6 goles aos olívicos.
O partido e a posibilidade de vitoria esfumábase para o Xiria a só 12 minutos do final, pero foi capaz de refacerse, combinou ben en ataque con desmarques continuos e sobre todo imprimiu maior solidez defensiva ao dar un paso de anticipación nas súas accións, foise achegando no marcador e xa na recta finals situábase por arriba, xogou ben os derradeiros minutos e fíxose cos dous puntos.