Impulso autonómico a dous novos proxectos municipais de carácter estratéxico na Costa da Morte

1 minutes read
Estadio Ara Solis de Fisterra_Cedida.

A Xunta vén de resolver a convocatoria da liña de apoio a infraestruturas municipais de carácter estratéxico correspondente a 2026, na que resultaron beneficiarias 10 propostas presentadas por concellos da provincia da Coruña, dous deles na Costa da Morte

Cabana de Bergantiños recibirá máis de 288.000 euros para o complexo deportivo, nunha obra á que destinará preto de 577.000, e Fisterra case 305.000 euros para a rehabilitación do campo fútbol Ara Solis e urbanización dos accesos ao campo, ao polideportivo municipal e instituto de educación secundaria IES Fin do Camiño, na que investirá 609.000 euros.  

Cada proxecto estratéxico para o que se solicita apoio debe ter un orzamento mínimo de 400.000 euros e a Xunta financia un importe máximo por cada un deles do 50% do orzamento ou do custo final cun límite máximo de 500.000 euros. 

As iniciativas apoiadas a través destas achegas son fundamentais para a mellora dos servizos e para garantir un desenvolvemento territorial equilibrado, sostible e cohesionado cunha repercusión no ámbito supramunicipal ou comarcal. Tamén teñen esta consideración os investimentos en infraestruturas locais con transcendencia económica ou industrial en sectores estratéxicos de ámbito supramunicipal, que incentiven o desenvolvemento empresarial ou que promovan o tecido comercial.