Inaugurada a 42ª edición de FITUR 2022

Inauguración FITUR

  • Case 7.000 participantes promocionan as fortalezas do seu país ou empresa no IFEMA MADRID

A 42ª edición da Feira Internacional do Turismo, FITUR 2022, arrincou este mércores no IFEMA MADRID coa visitas dos Reis de España e diferentes autoridades, tanto nacionais como internacionais. As Súas Maxestades realizaron un percorrido polos distintos pavillóns da feira, acompañados de diferentes autoridades, tanto nacionais como internacionais.

FITUR reunirá ata este domingo a un total de 6.933 participantes de todas as Comunidades Autónomas, de empresas e destinos de 107 países, 70 deles con representación oficial internacional, encabezados por República Dominicana que este ano participa como País SOCIO FITUR 2022.

Ademais, a Feira dá continuidade á fórmula híbrida, que complementa a participación presencial de destinos e empresas cunha plataforma dixital, a través de FiturLIVEconnect, e que estará operativa ata o 4 de febreiro.