España vota

1 minutes read

Un total de 38.616.949 electores poden votar, 1.615.034 por primeira vez tras cumprir 18 anos. Máis de 100.000 axentes da Policía Nacional e a Garda Civil velan pola seguridade en 22.493 colexios electorais.

Un total de 2.734.437 galegos e galegas están chamados a votar, dos que 77.915 farano por primeira vez, para elo, Galicia conta con 3.912 mesas distribuídas en 2.307 locais electorais. 

Ás 9.15, o presidente do Goberno Pedro Sánchez e candidato á reelección polo PSOE depositou o seu voto nunha urna do colexio de Madrid da nosa Señora do Bo Consello, no distrito de Moncloa, o mesmo centro que en 2023. «Vexo unha mobilización histórica e teño boas sensacións», asegurou en declaracións aos medios.