Falece unha muller tras sufrir unha descargar eléctrica coa toma dun tractor en Vilalba

1 minutes read

O aviso chegou ao 112 Galicia arredor das 10:30 horas deste sábado. Segundo indicou un particular, unha muller sufrira unha descarga eléctrica ca toma dun tractor no Condado, na parroquia de Carballido. Ademais, a persoa quedara atrapada na toma de forza e sufrira un golpe na cabeza trala descarga.

Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil, que acudiron ata o punto.

Non foi precisa a intervención dos bombeiros, pois a persoa xa estaba liberada á súa chegada. Pese a iso e aos intentos de reanimación, nada puideron facer os servizos de emerxencias por evitar o seu falecemento.

A xeración de enerxía eléctrica en tractores é algo que os fabricantes levan explorando desde hai décadas. Varios deles, opcionalmente, poden dispoñer dun xerador eléctrico trifásico (208Vac; 10kW) co fin de fornecer enerxía eléctrica para o seu accionamento. implementos e pequenas redes rurais.