Inaugurada en Malpica a ‘Senda do Mar de Santo Hadrián’

0 minutes read

Coincidindo coa celebración da festividade de Santo Hadrián, desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Malpica anunciaron a inauguración oficial da nova Senda Azul “Senda do Mar de Santo Hadrián”.

Tátase dn espazo único, pensado para gozar do patrimonio natural da vila, que ofrece vistas espectaculares da súa costa e unha conexión especial co entorno malpicá.

Desde o Concello animan a «percorrela e descubrir unha nova maneira de sentir Malpica».