O Museo do Encaixe pechara as súas portas a finais do ano 2019 para facer unha serie de reformas entre as que se incluía a adecuación do espazo da sala expositiva da planta baixa para transformala nun aula de palillo, que agora recibe o nome de Raquel Moreira Carril, técnica do museo e profesora da escola municipal de palillo, que faleceu hai dous anos. No día no que volveron a abrir ao público os Museos Municipais de Camariñas, o Concello decidiu inaugurar esta nova aula, que debido ao contexto sanitario actual foi cun acto máis íntimo no que participaron a familia da homenaxeada e os seus compañeiros e compañeiras do Concello. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, tivo unhas sentidas palabras en memoria da homenaxeada e tamén para todos os traballadores municipais e persoeiros do municipio que levaron e levan o nome de Camariñas por todo o mundo.
38