Inaugurado o novo campo de céspede artificial do estadio municipal Río Seco, en Narón

1 minutes read

O campo, que se sitúa ao norte do xa existente de herba natural e que foi executado cun orzamento de 414.000 euros financiado con fondos do Plan Único, permitirá ao Concello de Narón contar cun novo equipamento deportivo para dar servizo á multitude de equipos locais de todas as idades que utilizan as instalacións deste complexo para os seus adestramentos e competicións oficiais, reducindo así o uso do campo de herba natural para poder mantelo nun mellor estado de conservación ao longo do ano.
A superficie total da plataforma de céspede sintético, construído con herba artificial de última xeración dun fabricante recomendado pola FIFA, é de 100 metros de largo e 63 de ancho, reservándose 97 metros de largo por 60 de ancho para a superficie de xogo, marcada por liñas que delimitan un campo de fútbol 11 e dous de fútbol 7.
Ademais das dúas porterías regulamentarias de fútbol 11 e das catro de fútbol 7, coas súas correspondentes fixacións e red, o terreo de xogo dispón dunha protección de varanda e un peche de malla perimetral que chega aos 4 metros de altura. No acto estivo presente o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.