Incendio na central térmica das Pontes

1 minutes read
  • O incendio non causou danos persoais nin ambientais

Un incendio na central térmica das Pontes puxo en alerta aos servizos de emerxencia durante a madrugada deste mércores.

Segundo informou o 112 Galicia sobre as catro da mañá recibiron unha alerta desde a central de Endesa que lles informaba dun incendio que se producira na sala de carbóns, polo que inmediatamente se avisou aos Bombeiros do Eume.

Ata o lugar dos feitos tamén se desprazaron axentes da Policía Local, voluntarios de Protección Civil da localidade e persoal de Medio Ambiente da Xunta e Augas de Galicia.

O incendio finalmente extinguiuse preto das 6 da mañá sen causar danos persoais nin ambientais.