- O aviso deuse pasadas as doce da noite deste sábado
Os bombeiros de Carballo foron requeridos polo CIAE 112 na madrugada deste sábado por un incendio nun pendello no lugar de Nemeño, en Ponteceso. O aviso produciuse pouco ante das doce e media da noite.
Cando os servizos de extinción chegaron ao punto comprobaron que o GES de Ponteceso retirara varios vehículos que se atopaban no interior do alpendre sin que se viran afectados. O incendio orixinouse nunha pila de leña situada ao fondo da nave. O lume afectou sobre todo a unha parte da cuberta que finalmente caeu. Afortunadamente ninguén resultou ferido.
Empregáronse un total de 15.000 litros de auga para extinguir as lapas e refrixerar o combustible que había no interior. Os traballos finalizaron arredor das tres e cuarto da madrugada.