Son dúas das incidencias salientables deste xoves na Comarca de Bergantiños, a primeira ocorría minutos antes das 10 da mañá, cando un traballador dunha coñecida panadería de Malpica se sentiu indisposto, o 112 mobilizou unha ambulancia e ao helicóptero de emerxencias para trasladar ao ferido.
A outra tivo lugar en Bértoa – Carballo, o 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma pasadas as catro da tarde, tratouse dun incendio ocorrido nun piso dunha vivenda situada na rúa Juan Montes. Por sorte non houbo que lamentar danos persoais e os bombeiros do parque municipal de Carballo fixéronse cargo da situación en cuestión de minutos.
Actuación dos servizos de emerxencia este xoves no lume de Bértoa.