Inchables para os peques, obradoiros e chocolate con churros no Entroido de Cerceda

1 minutes read

Cerceda festexou este martes 13 de febreiro o Entroido por todo o alto con inchables para os máis pequenos, obradoiros e chocolate con churros.

Nenas e nenos deixáronse ver ao longo de toda a tarde coas súas espadas ou cadeliños feitos con globos, e desfrutaron realizando formas co metal e pintando.

Este espazo acolleu desde as 16:30 horas á veciñanza, ataviada coas mellores galas para festexar en familia unha data senlleira no calendario galego. Centos de veciñas e veciños de Cerceda desfrutaron deste martes de Entroido.

Así, puidéronse ver disfraces de Spiderman, do Capitán América, de Mario Bros, de futbolista ou de pilotón de avións, entre otros.