Rusia inicia unha vacinación masiva contra a COVID-19. Varias clínicas de Moscova iniciaron este sábado a campaña da Sputnik V, que será administrada en dúas quendas en primeiro lugar a traballadores do sector da sanidade, profesores e traballadores sociais. Poucos pasos por detrás de Rusia aínda que con máis respaldo por parte da comunidade científica marcha o Reino Unido, que esta mesma semana comezará finalmente coa vacinación da xa famosa Pfizer/BioNTech. «Esperamos subir rapidamente a uns 400 vacinados por día», explican desde o hospital Coventry, «e logo máis aínda, 500 e máis. Así que xa estamos a facer plans, pensado como proceder no caso de que necesitemos aumentar aínda máis o número de dose». Desde a OMS, insisten pola súa banda en lembrar que a chegada das ansiadas vacinas non significa o fin do coronavirus. Anciáns, persoal sanitario e persoas con maior risco de infección serán as primeiras en recibir no Reino Unido unha vacina que conta cunha efectividade de ata o 95 por cento. O país ten contratadas 40 millóns de doses coas que vacinar a 20 millóns de persoas. O Goberno, con todo, insiste: toca seguir coas restricións. A batalla non terminou.
30