- O proxecto levouse a cabo grazas ás conversacións mantidas entre o goberno local e a familia propietaria do terreo
O Concello de Vimianzo incrementou a seguridade viaria no cruzamento das estradas CP-9203 e AC-552, en Caxadas, tras varias obras de mellora nunha infraestrutura pertencente tanto á Xunta como á Deputación da Coruña.
O proxecto levouse a cabo grazas ás conversacións mantidas entre o goberno local e a familia propietaria do terreo, unha situación que levaba «en suspenso desde hai máis de 20 anos», destacan desde a Executiva local, agradecendo ademais a «vontade e colaboración desta familia, sen a que sería posible facer viable este proxecto».
Durante as intervencións procedeuse a rasar o espazo entre ambos carrís, mellorando a visibilidade e a seguridade viaria. Este novo espazo contará ademais cun novo xardín.
O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, quixo agradecer tanto á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas, como á Deputación da Coruña, “esta intervención, de gran necesidade en tanto en canto a seguridade viaria da nosa veciñanza”, subliñou.