O Xigante téxtil con sede en Arteixo, Inditex, pechará un total de sete tendas en Galicia nos primeiros catro meses de 2021. Logo dun crecemento da venda online dun 75% no 2020, os resultados marcan o camiño a seguir, máis se cabe acelerado pola pandemia do coronavirus. Desde a firma multinacional explican que «O obxectivo é poder integrar todo o posible online, abrindo tendas máis grandes e con máis ferramentas tecnolóxicas e pechando as máis pequenas; a idea é que poidas encontrar nos establecementos todo aquilo que atopas tamén na web, pero nos locais máis reducidos era imposible ter toda a colección», recalcan. A peor parte pode levala o persoal, que teme non ser recolocado e quedar na rúa. CCOO, UGT e Inditex asinaron un acordo para garantir as recolocacións e condicións laborais, pero o primeiro peche en Galicia, o de Uterqüe en Santiago, provocou unha folga da CIG.
32