Inditex rexistra un beneficio neto récord de máis de 4.600 millóns

Cedida.

Nos nove primeiros meses do seu exercicio fiscal (febreiro a outubro de 2025), Inditex rexistrou un beneficio neto récord de 4.622 millóns de euros, un 3,9 % máis que no mesmo período de 2024. As vendas da multinacional con sede en Arteixo ascenderon a 28.171 millóns de euros nos nove primeiros meses do seu ano fiscal, un 2,7 % máis, mentres que as vendas a tipo de cambio constante creceron un 6,2 %. Con estos datos, Inditex disparouse en bolsa, por encima do 8 % na apertura, ata os 53,02 euros por título, despois de comunicar resultados récord neses nove primeiros meses do seu exercicio fiscal.

Related posts

UCGAL afirma que o acordo UE–Mercosur non rebaixa os estándares europeos de seguridade alimentaria

Dani Moreno (El Gallo), Dani BPM, Jossi, Charlie e Roy, entre outros, serán os Dj’s encargados de animar á Mikaela 2026

Orquestra Los Satélites | A que máis gustou no 2025, segundo a audiencia do programa Palco de Estrelas