52
Este xoves Inés Madrigal, a primeira bebé roubada e recoñecida en España, desvelou que despois de 32 anos atopou á súa familia biolóxica.
A primeira vítima de bebés roubados xudicialmente recoñecidos informou a través dunha rolda de prensa que logrou establecer contacto cun primo segundo grazas a un banco de ADN estadounidense. De feito, tamén lle informaron de que os seus irmáns biolóxicos a estaban buscando.
Madrigal foi roubada ao nacer polo xinecólogo Eduardo Vela, ao que no 2018 a Xustiza responsabilizou totalmente do delito, aínda que foi absolto ao considerar que este xa prescribira. Aínda así, Inés recorreu a sentenza ante o Tribunal Supremo.