44
Prisión provisional e sen fianza para o home que supostamente atropelou a propósito un empregado dunha gasolineira da Laracha cun coche roubado. O Xulgado de Instrución número 1 de Carballo decretou o ingreso no cárcere do home, de 26 anos, e que conta cun amplo historial delituoso por condución temeraria e roubo. O home foi detido pola Garda Civil nun hostal de Arteixo. Estaba cun menor, que quedou baixo a tutela dos seus pais. A vítima tivo que ser hospitalizada con politraumatismos.