Iniciada a rehabilitación do firme na travesía do Pindo en Carnota

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de rehabilitación do firme na estrada autonómica AC-550, no entorno da travesía do Pindo, no municipio de Carnota. Os traballos, cun investimento de máis de 48.000 euros, contan cun prazo estimado de execución de 1 mes.

Esta obra enmárcase nas actuacións de conservación da rede viaria autonómica e ten por finalidade mellorar o estado do firme da vía AC-550, que presenta un maior grado de desgaste no entorno da travesía do Pindo, polo que discorrerá proximamente a Volta Ciclista a España.

Os traballos céntranse entre os puntos quilométricos 11+050 a 11+800 e consisten no fresado parcial da capa de rodaxe e na extensión dunha nova capa a base de formigón bituminoso en quente a toda a superficie dos dous carrís.