34
- A zona afectada é a que conecta coa Praza do Mercado
Este xoves arrincaron en Camariñas os traballos de pavimentación no cruzamento entre a Avenida Ambrosio Feijóo e a Praza do Mercado. A intervención contempla a substitución da pedra actual, que continuamente dá problemas, por formigón semipulido. Tamén se pintará un paso de peóns.