Iniciado o expediente de contratación do proxecto de mellora de parques infantís da Laracha

1 minutes read

O Concello da Laracha iniciou o expediente de contratación do proxecto de mellora de parques infantís de titularidade municipal coa finalidade de renovar e modernizar os equipamentos e facelos máis atractivos, cómodos e seguros para os seus usuarios.

A iniciativa comezara coa elaboración dunha auditoría para coñecer o estado actual dos dezanove parques infantís existentes no concello, determinar as necesidades que presenta cada un deles e en cales é prioritario actuar.

En base a dita auditoría, redactouse o proxecto valorado en máis de 50.000 euros que inclúe intervencións en cinco localizacións diferentes: tres delas no núcleo urbano da Laracha, en concreto nos parques infantís da Praza do Concello, da praza O Recreo e do parque Maximino Canedo, en Caión no situado na Insua xunto ao colexio e tamén no existente no Cruceiro de Lendo, a carón do centro sociocultural desa parroquia.

En todos os casos contémplase a reparación e renovación dos xogos e a substitución do actual pavimento de lousas de caucho por outro continuo de absorción de choques para mitigar o impacto ante posibles caídas dos nenos.

O proxecto será cofinanciado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?