Iniciados os traballos de mellora na pista de Reira en Camariñas

1 minutes read

Comezaron as intervencións de conservación e mantemento da pista de Cabo Vilán ata Santa Mariña, no Concello de Camariñas. A obra está cofinanciada nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEDER) do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020. Suporá un investimento total de 15.929,69 euros de axuda pública. Con esta intervención lograrase solventar os danos causados polos temporais na zona. Ademais, esta obra suporá un incremento no benestar da veciñanza, que verá como as intercomunicacións serán melloradas notablemente. “Era algo que esperabamos desde hai un tempo, sendo tremendamente positivo para Camariñas”, comenta Sandra Insua, alcaldesa do municipio.