Inquietude entre os 70.000 habitantes da Mariña

2 minutes read

A Mariña é un dos territorios nos que as autoridades estableceron un confinamento perimetral por un rebrote de coronavirus. Os 70.000 habitantes desta zona turística costeira da provincia de Lugo, bañada polo Mar Cantábrico, volven vivir con algunhas restricións. Na praia de As Catedráis do muncipio de Ribadeo, unha das máis visitadas de España, a máscara é obrigatoria, como en toda a comarca da Mariña. «A máscara é obrigatoria en todos os lados, aquí, fóra, na rúa, en todos os lados», indica un socorrista a un grupo de persoas que pasea pola zona.

Este mércores, o rebrote sumaba 144 casos activos tras notificarse 23 novos positivos, a maioría asintomáticos ou con cadros leves, aínda que cinco persoas están hospitalizadas. Algúns médicos denuncian na prensa local, a persistente falta de medios nos servizos de atención primaria para garantir o control do rebrote. Ribadeo é unha localidade de 10.000 habitantes, situada na zona oriental da comarca.

Os poucos turistas que había nas súas rúas desapareceron tras decretarse o domingo o cofinamiento perimetral. «Xa se pode observar nas rúas que hai unha soidade absoluta, con todo o turismo que marchou, a verdade é que estamos un pouco nerviosos», explica Igor, responsable dun bar do centro do municipio. Outro motivo de preocupación son as eleccións rexionais convocadas para o domingo. As dúbidas sobre a evolución do rebrote xeran inquietude entre os veciños que ven como o turismo non será o revulsivo prometido polos políticos. «Buscando esa tranquilidade da xente de que bo, de que Galicia era un destino turístico seguro, de que o turismo podía ser bo, que bo que había que apostar por Galicia, para volver levantar a economía pero bo, pero visto está que as présas non foron nada boas», engade Igor.

Os máis novos pasan estes días como poden. Os grupos están limitados a un máximo de dez persoas, e os bares, con aforo reducido á metade, pechan ás 12 da noite. Ademais das recomendacións oficiais non faltan os consellos da familia. «Que teñamos coidado coa xente maior, que nos poñamos a máscara, e que nos limpemos as mans continuamente», comentan dúas mozas. Cos rebrotes, a máscara e a distancia social impóñense.