A campaña de reforzo para a mellora do cumprimento das medidas sanitarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid, posta en marcha nos mes de febreiro pola Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, xa leva realizadas preto de 9.000 visitas a establecementos, entre eles, 3.727 de alimentación (hipermercados, supermercados e ultramarinos), 313 centros comerciais e prazas de abasto, 1.286 instalacións deportivas, e 3.459 establecementos de hostalería. A campaña ten por obxectivo asesorar e mellorar o cumprimento das medidas sanitarias implantadas para facer fronte á crise sanitaria da covid, en especial control de aforos, distancias, uso de máscaras, etc, actuacións que se encadran dentro do paquete de medidas para tentar diminuír a incidencia do virus.
31