O departamento de accesibilidade de Nantón vén de poñer en marcha unha campaña de divulgación, a través da edición dun folleto informativo que se distribuirá nos principais puntos turísticos da Costa da Morte así como en festivais e eventos durante o período estival, no que se recollen algunhas das principais características da accesibilidade e “os motivos que nos deben levar a camiñar xuntos na construción dun novo mapa turístico e unha nova realidade máis accesible para todas”, subliñou o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña. Entre outras razóns, destacan o notable crecemento da contorna como destino turístico, a importancia de cubrir as necesidades dos principais demandantes de recursos turísticos (persoas maiores e con discapacidade), promover a accesibilidade como incentivo de calidade, atraer un novo segmento de viaxeiros, desestacionar o turismo e facer valer os dereitos de todas as persoas.
41