26
O Albiz, un barco de cen metros de eslora, propiedade do grupo Murueta, que ía cargado de eucaliptos, quedou encallado a primeira hora deste xoves a apenas cen metros do peirao de Ribadeo.
Todo indica que o incidente se debeu a unha manobra incorrecta xa que, malia o seu tamaño, o buque xa atracara outras veces neste porto. O acontecido congregou numerosos veciños que querían ver como sacaban o barco.
Dous remolcadores de gran potencia intentaron empurrar o barco do banco de area no que se meteu, agardando pola preamar do serán.