35
A policía interceptou no porto exterior de Ferrol seis polisóns vinculados presuntamente cunha mafia albanesa que move persoas de maneira ilegal entre España e o Reino Unido.
Trátase dunha mafia moi asentada no norte de España, que tradicionalmente utilizaba os portos de Santander e de Bilbao. As forzas de seguridade constatan que se están trasladando cara Galicia, e xa non é o primeiro caso que detectan no porto de Ferrol.