Investigado por conducir en sentido contrario pola autopista en Coristanco

1 minutes read

A Garda Civil investiga a unha persoa por conducir 10 kilómetros en sentido contrario pola autopista da Costa da Morte. O conductor, de avanzada idade, pretendía chegar desde Santiago a Malpica de Bergantiños, onde ten unha segunda residencia. Os feitos ocorreron entre o kilómetro 33 e 43 da AG-55, maioritariamente no Concello de Coristanco.

Outro conductor e a súa acompañante, que viaxaban no carril contrario ao sentido correcto da marcha, foron quen de alertar ao home mediante repetidos avisos co claxon e conseguiron finalmente que o conductor se detivese na mediana.

O kamikaze considérase autor dun delito contra a seguridade vial ao conducir con temeridade manifesta poñendo en concreto perigo a vida ou a integridade das persoas, polo que está a ser investigado.