Investigado un veciño de Vimianzo en relación cun altercado en Zas

0 minutes read

Un veciño de Treos – Vimianzo está a ser investigado tras ser detido pola Garda Civil por mor duns disparos efectuados este luns na vía pública no veciño Concello de Zas. Ao parecer iniciouse unha discusión nun bar da localidade por unhas discrepancias entre clientes, ausentándose un deles e regresando novamente ao lugar, supostamente, cunha arma coa cal realizou uns disparos intimidatorios sen chegar a alcanzar a ninguén. Feitos que se investigan tras o recoñecemento dos tretigos do presunto atacante.