Investigan a caída dunha muller desde unha cuarta planta dun hotel de Baiona

0 minutes read

A muller estaba no interior dun cuarto coa súa parella. Os traballadores do hotel escoitaron un golpe contra o chan. Os servizos de emerxencia transladárona de urxencia ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde se encontra ferida de gravidade.

Garda Civil e Policía Local manteñen precintada a zona mentres continúa a investigación do que lle puido suceder. A parella practicáronlle unha proba de alcolemia, que resultou negativa.