Investigan a dúas persoas polo envío masivo de recibos de auga falsos en Mos


A Garda Civil investiga a dúas persoas como responsables do envío masivo de recibos falsos de auga en Mos, Pontevedra. Segundo fontes policiais, trátase dun traballador que puido levar os 5.000 sobres a Correos e outro membro do colectivo.

Este caso comezou a investigarse no mes de maio, cando se produciu un envío masivo de cartas con recibos falsos de auga, cuxo remitente era una empresa ficticia chamada ‘AquaMos’. Esta compañía alertaba aos veciños de Mos de que cargaría nas súas contas unha cantidade de entre 300 e 500 euros.

O Concello emitira unha información urxente na que sinalaba que non enviara ningún recibo a domicilio.