Investigan a morte dunha muller que caeu da muralla de Lugo

0 minutes read

A muller, de 42 anos e residente en Lugo, morreu na ambulancia camiño do hospital por mor da gravidade da lesión que presentaba na parte frontal da cabeza tras caer da muralla romana na madrugada deste domingo. As forzas de seguridade abriron dilixencias para determinar se foi un accidente ou un feito autolítico e descartan a implicación de terceiras persoas. Un viandante alertaba sobre as 6:00 horas da presenza da vítima malferida no treito que hai entre as portas do Carme e de Santiago, á altura do pub Lume.