0
Os corpos sen vida de dous irmáns foron localizados sobre as 9 da mañá deste sábado nunha vivenda da aldea de Agustín, en Castroverde.
Axentes da Garda Civil atoparon na cama dun dos cuartos da casa o cadáver dunha muller duns 70 anos. O corpo presentaba varias feridas realizadas supostamente cun coitelo de cociña.
No exterior da vivenda localizaron o irmán da muller, tamén falecido, no seu caso na fosa séptica. Todo apunta, segundo os investigadores a un fraticidio.
Fontes da Garda Civil descartaron a intervención de terceiras persoas, pero declaran que hai varias hipóteses abertas. A que cobra máis forza é a de que o home puido matar a súa irmá e despois suicidarse.
