Invitación á cidadanía a doar sangue, os hospitais galegos precisan preto de 500 doazóns diarias

Foto.- jcv.

Durante estas semanas, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) está a desenvolver unha campaña entre o persoal da Xunta de Galicia coa finalidade de facilitar e fomentar a participación na doazón de sangue.

As reservas dos grupos sanguíneos A negativo e 0 negativo atópanse en niveis baixos, polo que se realiza un chamamento especial ás persoas destes grupos.

A demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos mantense constante ao longo de todo o ano. Así, ADOS anima a todas as persoas a doar sangue como un acto sinxelo, seguro e imprescindible, ao tempo que agradece a colaboración e o compromiso da poboación que fai posible o sistema sanitario funcione axeitadamente.

Para máis información relativa á doazón de sangue ou para coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828.

Related posts

O orzamento da Xunta para 2026 alcanza os 14.240 millóns de euros

O PP únese a dous tránsfugas do PSOE para conseguir a alcaldía de Manzaneda

UCIN Galicia denuncia o ‘teatro político do PP e do PSdeG’ coa AP-9, afirma que ‘están vacilando aos galegos’