12
- As clases terán lugar os venres, ás 19.00 horas, no pavillón municipal
O Concello de Cabana promove a práctica de actividade física entre a súa veciñanza a través da organización dun total de tres actividades dirixidas a fomentar hábitos de vida saudables. Todas terán lugar os venres, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Cabana.
O programa arrincará esta semana cunha sesión de ioga a cargo de Luis Rodríguez e Rocío Martínez. O próximo venres 17 desenvolverase unha clase de zumba impartida por Fanny Cotón e Anabel López. Tamara Varela e Lucía Lagares pecharán a programación o día 1 de xullo cunha clase de ‘espalda sana’.
Todas as actividades serán completamente gratuítas.