40
Fíxoo un día despois de que a Xustiza de Estados Unidos rexeitase o intento dos seus avogados de desestimar a demanda de Virginia Giuffre, quen acusou ao príncipe de abuso sexual. Un grupo de veteranos enviara unha carta á monarca pedíndolle que retirase ao duque as súas funcións militares e na que manifestaron o seu «desgusto e enfado». Nun comunicado, o Palacio de Buckingham afirmou que o duque seguirá «sen asumir ningunha función pública». Unha fonte do palacio informou ademais á BBC de que deixará de usar o nome de «A súa Alteza Real» como título oficial.