Israel anuncia unha ofensiva total contra Gaza 

1 minutes read

O ministro de Defensa de Israel, Yoav Gallant, anunciou este martes que o país lanzará «unha ofensiva total» contra a Franxa de Gaza, que cambiará totalmente a situación sobre o terreo, aínda que non entrou en aspectos concretos. O saldo de vítimas polo ataque sorpresa que Hamás, a organización islamita que domina Gaza, lanzou o sábado pasado contra varios pobos próximos á Franxa, supera os 900 mortos e os 2.400 feridos, medio milleiro deles graves.

No lado palestino, os bombardeos aéreos israelís cobráronse a vida de máis de 900 habitantes de Gaza, 260 son nenos e 230 mulleres e oito xornalistas, segundo as autoridades gazatíes. A isto engádense uns 1.500 milicianos de Hamás que morreron durante o ataque ou nos combates posteriores en territorio de Israel, segundo o reconto do exército israelí, que este martes recuperou o control da zona.

Por todo isto as autoridades solicitan un corredor humanitario. Residentes de Gaza sinalaron que os bombardeos aéreos efectuados desde este luns son moi diferentes dos habituais en anteriores enfrontamentos, xa que son moito máis destrutivos e lánzanse sen o aviso previo/previo aviso.