Italia aproxímase a unhas novas eleccións

1 minutes read

O voto de confianza deste mércores do Senado italiano ao seu primeiro ministro acabou derivando nunha caótica tarde. O abandono da sala dos principais partidos da coalición de Goberno, Liga, Forza Italia e Movemento 5 Estrelas, deixaban a Draghi sen apoio para seguir no cargo. O certo é que Draghi si gañaba o voto de confianza, con 95 votos a favor e 35 en contra, aínda que sen sumar parlamentarios suficientes. O rexeitamento de 5 Estrelas ao primeiro ministro xa se coñecía, mentres que o dos socios de dereitas, Liga e Forza Italia, responde á súa negativa para seguir formando coalición co grupo de Giuseppe Conte. Os partidos de Matteo Salvini e Silvio Berlusconi reclamaban tamén Draghi unha profunda reestruturación de Goberno para que este puidese seguir contando con eles. Liga, Forza Italia e Movemento 5 Estrelas, xunto con outros grupos máis pequenos, formaban desde febreiro de 2021 unha coalición de unidade nacional liderada polo propio Draghi. Espérase que Draghi presente ao presidente Matarella a súa dimisión, abocando con case toda seguridade ao país a unhas novas eleccións.