Italia gaña a España por penaltis na semifinal da Eurocopa

0 minutes read

Italia xogará a final da Eurocopa tras eliminar a España nunha quenda de penaltis na que fallaron Dani Olmo e Álvaro Morata. A selección, que lograra igualar o tanto inicial de Federico Chiesa por medio de Morata, desmoronouse na quenda de penaltis. Empezou fallando Olmo, Unai Simón parou a Locatelli, pero Italia non fallou máis e Morata errou o cuarto, propiciando que Jorginho sentenciase desde os once metros.