Un total de 113 pilotos compuxeron a lista de rexistrados na terceira proba do CEAX Goldspeed, competición que se disputou esta fin de semana no circuíto municipal de Carballo. en División II, os irmáns Serrano, da Laracha, Gabriel impúxose na proba, seguido do seu irmán Esteban e o terceiro posto foi para José María Escuder, do club Mollerussa. En División I o triunfo foi para Tito Rodríguez, da escuadra Coruña. En car-cros a vitoria levouna o catalán Iván Piña, da escuadra Ciudad de la Cerámica. Na categoría buggy a vitoria lográbaa Eduard Bañeres, de Lleida. Tamén de Lleida, en car-cros júnior impoñíase Quin González.