- O portavoz local, Rubén Lorenzo, agradeceu o labor realizado ata a data por un compañeiro que cualificou de “traballador” e “moi comprometido” coa veciñanza de Carballo.
O grupo municipal do Partido Popular de Carballo comunicou este luns a través do seu voceiro, Rubén Lorenzo, que Javier Calvelo renunciou a súa acta como concelleiro de formación popular por motivos laborais e Persoais. Os populares comunicaron tamén que será Sheila Cotelo Lado a que ocupará o seu lugar como integrante do grupo en canto tome posesión no próximo pleno local.
Lorenzo aproveitou a acasión para agradecer o labor realizado ata a data por un compañeiro á que cualificou de “traballador” e “moi comprometido” co seu labor á hora de traballar pola veciñanza de Carballo, en concreto, pola súa parroquia de Entrecruces. O xa ex concelleiro popular seguirá vinculado ao PP carballés, pero centrará, a partir de agora, os seus esforzos en levar a cabo o seu proxecto empresarial baseado na ampliación dunha explotación gandeira.
Pola súa banda, Cotelo, que, previsiblemente tomará posesión no pleno de xullo, traballa como técnica de integración social e é graduda en dirección e xestión pública, con premio extraordinario de fin de carreira.