16
Javier Ramilo Queijo, coñecido popularmente como Kobas, fíxose este sábado cun novo triunfo no seu palmarés particular, e xa van uns cuantos. Foi no circuíto do motor de Bértoa, que acollía a décimo sexta edición do Autocrós Carballo, Kobas saía primeiro e non defraudou, impúxose de principio a fin aos máis de corenta pilotos participantes na carreira, superando ao segundo clasificado, Sergio Suárez, en máis de cinco segundos. Nova vitoria tamén para a escuadra Yacar Racing, nesta proba organizada pola escuadra Máis Motor en colaboración co Concello de Carballo. Nas probas de 1600 cc, venceron Jon Ander López, en máis, e Martín Castro, en ata.